13 Pozas (Xurxo Chirro, 2009)

2 Marzo, 2011 (11:50) | Experimental, Non ficción, Xurxo Chirro

13 Pozas (2009)
Guión, dirección e montaxe: Xurxo Chirro
Duración: 13 minutos
Sinopse: Unha curtametraxe experimental sobre as peculiaridades da xeografía do socheo (distancia intermareal) da costa da Guarda. Homenaxe retranqueira ao filme 13 Lakes do cineasta norteamericano James Benning.

Mostra de Ciencia e Cinema 2009
Cineuropa 2010

XURXO CHIRRO (A Guarda, 1973) é licenciado en Historia da Arte pola Universidad de Santiago de Compostela e Doutor en Historia del Arte pola UNED. Coordinou os libros Manoel de Oliveira (CGAI) e Documentación da videocreación en Galicia nos anos 80 (CGAC). Ten unha ampla experiencia, investigador para o Consello da Cultura Galega e para a USC, Profesor no Máster de Conservación do Patrimonio (USC), traballou para o Instituto Cesing, creador de contenidos da Axencia Audiovisual Galega (AAG), coordinador das plataformas na rede Teutubo e Flocos, asesor técnico nas comisións á producción audiovisual da Xunta de Galicia (2007-2010), traballa para o AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais), comisionado do ICAA (2010-2011), programador galego do Filminho: Festa do Audiovisual Galego e Português, guionista e realizador (Argazo, 2005, Os señores do vento, 2008, 36/75, 13 pozas, 2009 e Cellular Movie, 2010).

Comentarios

Pingback from Tempos Dixital | Xurxo Chirro: «Cando me atopei co material de Vikingland sabía que o único que precisaba era tempo e traballo»
Date: 8 Marzo 2012, 6:16 p.m.

[…] pezas como Os señores do vento, 13 pozas ou Cellular Movie, pero a túa primeira longametraxe é Vikingland. Foi froito dunha madurez da […]