Septiembre (Ángel Santos, 2004)

7 Xuño, 2011 (10:21) | Ángel Santos, Ficción

Septiembre (Los amores jóvenes) (Ángel Santos, 2004)
Dirección e guión: Ángel Santos Touza
Director de fotografía: Juan Luis Ruíz
Director de arte: Israel Franquelio
Xefe de produción: Miguel Gil
Montaxe: Carlos González
Son: Carlos González
Script: Paula Mercedes Cevasco
Intérpretes: Sara Pazos, Jahdo González, Xavier Deive Martínez, Arantza Villar, Alberto Rolán Nuñez
Sinopse: L. é unha rapaza de 16 anos. Ela e o seu amigo C., pasan a última tarde do verán nunha pequena vila costeira. O percorrido que farán xuntos, e uns fortuitos encontros con outras parellas, afectarán profundamente a L.

12ª Mostra de Cinema Llatinoamerica de Lleida.
Cineuropa 2009
I Mostra de Curtametraxes Galegas. Fundación Rodríguez Iglesias.

ÁNGEL SANTOS naceu en Marín, Pontevedra, en novembro do 76, estudou Historia da Arte en Santiago de Compostela e ao rematar trasladouse a Barcelona para realizar primeiro un curso de guión e finalmente diplomarse en Dirección Cinematográfica no Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya (CECC). O seu primeiro traballo importante é a curta A. (2002), que lle abre as portas para a realización dunha curta en formato cinematográfico: Septiembre (Los amores jóvenes) (2004), que chega a estrearse nos cines Casablanca de Barcelona. Xa de volta a Galicia imparte cursos de cinema para rapaces de primaria e colabora na realización de videoclips (Austria, MPSTK, Sugar Mountain). En 2008 presenta O cazador, adaptación dun texto de Chejov que é considerada unha das mellores curtametraxes do ano pola revista Cahiers du Cinema España. A peza vén de ser editada en DVD como complemento ao filme Singularidades de uma rapariga loura de Manoel de Oliveira.
A súa carreira como cineasta prosegue coa curta Sara y Juan e unha primeira incursión no ensaio documental, Fantasmas #1, visto no Festival de Xixón 2010. Actualmente traballa na posprodución da súa primeira longametraxe, Dos fragmentos / Eva, protagonizada por Iria Pinheiro, Isak Ferriz e Fernando Tielve. Alén do seu traballo como creador, dá clases de cinema na universidade e colabora como crítico na revista dixital Miradas de Cine.

Comentarios

Pingback from Dous cineastas do noso tempo |
Date: 12 Decembro 2011, 3:13 p.m.

[…] sinxelamente non sabe ver. O bo oficio Ángel xa o demostrara anos atrás cunha curta deliciosa, Setembro (Os amores novos), reveladora do seu gusto polo cinema francés en xeral e por Eric Rohmer en particular; mais os […]