Pó de estrelas (Alberte Pagán, 2007)

16 Marzo, 2011 (15:00) | Alberte Pagán, Experimental, Non ficción

Pó de estrelas (2007)
Dirección e montaxe: Alberte Pagán
Duración: 24 min
Sinopse: Umha meditaçom sobre as incongruências do mundo actual. Os seus 24 minutos de duraçom correspondem-se co tempo que precisamos para tomar um café com cigarro na barra dum bar, lendo a imprensa entanto o televisor, a todo volume, nos abouxa coa sua trivialidade publicitária. O mundo abalea um chisco quando deixamos mudas as images publicitárias e a sua banda sonora lha aplicamos às fotografias do jornal.

Festival Punto de Vista 2008
Documenta Madrid 2008
Festival Cinema Jove (Valéncia) 2008
Filminho (Galiza-Portugal) 2008
Festival Ourense (Panorama de Galiza) 2008
Festival Cinéma Meditérranéen (Montpellier) 2008
Cineuropa 2008

ALBERTE PAGÁN naceu no Carballiño en 1965. É autor de varios textos sobre cinema: Introdución aos clásicos do cinema experimental, Imaxes do soño en liberdade: o cinema de Eugenio Granell, do capítulo dedicado ao cinema underground estadounidense no libro Dentro y fuera de Hollywood, o ensaio Residuos experimentales en Arrebato aparecido en Arrebato… 25 años editado pola Filmoteca Valenciana, e do libro A mirada impasíbel. As películas de Andy Warhol, primeira parte. Tamén escribiu A voz do trevón. Unha aproximación a Finnegans Wake, ensaio sobre a derradeira novela de James Joyce. Como director fixo as películas Como foi o conto, Os waslala, Bs. As. (seleccionada nos festivais de Xixón e Pamplona e Premio Romà Gubern), Pó de estrelas (Festival de Pamplona), Tanyaradzwa, Eclipse

Comentarios

Comment from willard
Date: 17 Marzo 2011, 7:24 p.m.

O mellor filme de Pagán! Non hai palabras estremecedor na súa idea e realización! Diagnóstico efectiva sobre a nosa sociedade dominada polos media. Brutal!