Eclipse (Alberte Pagán, 2010)
Dirección, guión, fotografía e montaxe: Alberte Pagán
Duración: 20 min
Sinopse: O tempo passa. A vida flue. A natureza completa um ciclo inteiro de vida e morte. Eva e Adám reinterpretam e corrigem o mito da árvore da ciência: a fruta proibida fai-nos sábios. Entanto a terra dá umha volta arredor do sol a cámara recolhe umha sinfonia barroca de luzes e cores. Nom hai manipulaçom digital: todos os efectos som produzidos analogicamente polo mecanismo da cámara.
Cineuropa 2011
Disponíbel na videoteca P’Silo do Festival Images Contre Nature (Marseille)
ALBERTE PAGÁN naceu no Carballiño en 1965. É autor de varios textos sobre cinema: Introdución aos clásicos do cinema experimental, Imaxes do soño en liberdade: o cinema de Eugenio Granell, do capítulo dedicado ao cinema underground estadounidense no libro Dentro y fuera de Hollywood, o ensaio Residuos experimentales en Arrebato aparecido en Arrebato… 25 años editado pola Filmoteca Valenciana, e do libro A mirada impasíbel. As películas de Andy Warhol, primeira parte. Tamén escribiu A voz do trevón. Unha aproximación a Finnegans Wake, ensaio sobre a derradeira novela de James Joyce. Como director fixo as películas Como foi o conto, Os waslala, Bs. As. (seleccionada nos festivais de Xixón e Pamplona e Premio Romà Gubern), Pó de estrelas (Festival de Pamplona), Tanyaradzwa, Eclipse…